Préstamo (Condicións)

Esta é unha exposición de préstamo. Para poder dispoñer dela, é preciso estar de acordo coas condicións para a cesión e asinar o documento que se reproduce a continuación e que se pode solicitar ao Museo do Humor por email (museodohumor@gmail.com) ou por teléfono (981 342 400). Horario de atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 horas a 14.30 horas.

Condicións xerais para a cesión da exposición “Pola cara” (XXX aniversario do Museo do Humor)

1. O período normal de préstamo é de 20-30 días (incluídos os días de traslado). Cabe a posibilidade de variar este período en función das necesidades da entidade solicitante e da dispoñibilidade da exposición.

2. A cesión da mostra é gratuíta. Os portes de transporte, carga e descarga, montaxe e desmontaxe son por conta da entidade solicitante. Deberá usarse un vehículo de transporte no que se asegure o correcto traslado da exposición.

3. A entidade solicitante debe enviar, debidamente cumprimentado, o formulario de solicitude, xunto con este documento asinado. Non se considerará en firme ningunha petición ata a recepción do formulario. A reserva será por rigoroso orden de chegada da solicitude.

4. A entidade solicitante recibirá confirmación das datas asignadas. O Museo do Humor reservase o dereito de anular a cesión da exposición nas datas asignadas por causa que así o xustifique.

5. As datas e o horario de entrega e devolución da exposición serán confirmadas polo Museo do Humor á entidade solicitante e deberán cumprirse estrictamente. A entrega e a devolución farase no Museo do Humor (Avda. De Conces, 20-22. Fene. A Coruña)

6. A exposición cedida será retirada e entregada no Museo do Humor por persoal debidamente acreditado, mediante a sinatura dunha acta de entrega / devolución, na que se indicará o material retirado/entregado.

7. Trala devolución, revisarase polo miúdo o estado de todo o material cedido. En caso do deterioro ou extravío dalgún material, o Museo do Humor comunicarallo á entidade solicitante, nun prazo máximo de cinco días hábiles a partir da data de devolución da exposición.

8. Coa sinatura deste documento, a entidade solicitante farase responsable de todos os materias que compoñen a exposición durante o período de cesión. No caso de que algún dos materiais sufrira algún desperfecto ou extravío durante o traslado ou exposición, a entidade solicitante comprométese ao abono do valor correspondente para a súa reparación ou reposición.

9. Todos os danos ou extravíos, independentemente que se produciran nos traslados ou durante o período de exposición, deberán ser comunicados inmediatamente ao Museo do Humor, por teléfono ou e-mail, que decidirá o lugar e o xeito da súa reparación ou reposición.

10. Todo aquel material escrito, gráfico e/ou publicitario que se realice con motivo da exposición deberá facer mención ao Museo do Humor e a inclusión, de xeito perfectamente visible, do seu logotipo.
11. No momento da devolución da exposición, a entidade solicitante comprométese a entregar:
• Dossier fotográfico da exposición en formato dixital
• Documentación e información xerada pola mostra da exposición (carteis, trípticos, dossier de prensa, …)

12. O incumprimento de calquera destas condicións supón a anulación do préstamo da exposición ou doutras exposicións solicitadas.

Nome do colexio/asociación e da persoa responsable e SINATURA:

_____________________________
Cláusula de exención de responsabilidade:
Mediante a presente cláusula, o Museo do Humor manifesta que non asume ningún tipo de responsabilidade en relación aos posibles danos materiais e/ou persoais e/ou prexuízos consecuenciais que os materiais da exposición poidan causar a terceiros durante o período de exposición.