Museo do Humor de Fene

O Museo do Humor é un museo para se divertir e rir. Nel poderás encontrar obras de importantes humoristas gráficos a nivel nacional e internacional que tratan os temas da maior actualidade en clave de humor.

Na actualidade,  amosa nas súas instalacións ao redor de catrocentos orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo. Grandes creadores como Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa teñen o seu espazo neste museo que salienta pola súa singularidade e por ser único dentro do seu xénero en España.

O Museo do Humor ten a súa sé na Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, Fene, A Coruña)Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre chamar ao teléfono 981 342 400 ou enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico museodohumor@gmail.com.

Horario do Museo do Humor

De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas

Os sábados, de 10 a 13 horas

En períodos de vacacións escolares o horario pasa a ser de luns a venres, de 10 a 14.15 horas