Pola Cara

 A exposición de caricaturas “Pola cara” formou parte das actividades promovidas no ano 2014 pola Concellaría de Cultura do Concello de Fene para conmemorar o XXX Aniversario do Museo do Humor.

A mostra, producida polo propio Museo do Humor, está formada por 53 caricaturas, realizadas por importantes debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais. Salienta a participación neste proxecto dos galegos Abraham Carreiro, Leandro Barea Pernas, David Pintor, Carlos Sardiña, María Xosé Mosquera “Sex”, Gogue e Gonzalo Vilas.

Tamén colaboraron co Museo do Humor na posta en marcha desta exposición os caricaturistas españois Jaume Mercant “Polak” (Mallorca), Raul Iglesias (León), Moisés Ramírez “Moi” (Córdoba), José Luís Castro Lombilla (Sevilla), José María Varona “Ché” (Córdoba), Álex Gallego (Barcelona), María Picassó (Barcelona), José Julio Gómez Sanz “Pareja” (Madrid), Mónica Ruiz Losa (Vic), Ernesto Priego (Montcada i Reixac) e Daniel Castelló Muñiz (Bilbao).

A representación de artistas internacionais que están presentes na exposición “Pola cara” é tamén moi numerosa e variada. Neste senso, tomaron parte na mostra: Ulisses Araujo (Brasil), Sebastián Fábrega (Chile), David Lara (México), Jorge Inacio (Brasil), Adnane Jabir (Marrocos), Christian Jacot (Bélxica), Hussein Adel (Iraq), , Eduardo Baptistao (Brasil), Raquel Orzuj (Uruguay), Sebastian Cast (Arxentina), Paulo Roberto “Polo” (Brasil), Camilo Riani (Brasil), , Xavier de Lima “Xavi” (Brasil), Armando Gámez Padrón (México), Walter Toscano (Perú), Hugo Enio Braz (Brasil), Fernando Barrial (Perú), JBosco Azevedo (Brasil), Agustín Sciammarella (Arxentina), Luis Haro Domínguez (Uruguay), Jarbas Domingos (Brasil), Fernando Prado Eirín (Venezuela), David Lara (México), Willem Rasing (Holanda), Yuosof Alimohadami (Irán), Onezio Cruz (Brasil), Marzio Mariani (Italia), Andrés Couturier (México), Robert Carter (Canadá), Olle Magnuson (Suecia), Marlene Pohle (Arxentina), Jiwenk (Indonesia), Casso Nascimento (Brasil), Cival Einstein Azevedo (Brasil) e José Antonio Rodríguez (México)

Entre os personaxes caricaturizados salientan actores e actrices como Jack Nicholson, Laurence Fishbourne, Michel Constantin, Laurel & Hardy, Vincent Prize ou Judy Dench; deportistas como Neymar, Andrés Iniesta ou Michael Schumacher; políticos como Rajoy, Pablo Iglesias, Alberto Ruíz Gallardón, Obama, Fidel Castro ou José Mújica; escritores como Gabriel García Marquez, José Saramago ou Francisco Ayala; pintores como Pablo Picasso ou Frida Khalo; músicos como Mike Jagger, Jimi Hendrix, Billy Idol ou Freddy Mercury.

(Blog realizado por Jorge López Sanmartín durante as prácticas do “Curso de confección e publicación de páxinas web”, realizadas no Concello de Fene en 2014).

Anuncios